Neste 2026, regresan os Concertos do Xacobeo, un programa amplo e plural que apoia aos principais eventos musicais de Galicia e que, ano tras ano, aposta por situala como un dos destinos referentes para os públicos coas preferencias culturais máis esixentes e diversas.
A música é o camiño
Rock, pop, heavy, electrónica, jazz, funk, fusión e unha ampla gama de estilos musicais para todos os gustos encherán de sons e sensacións Galicia ao longo de todo o ano, da man de citas de referencia do calendario musical como O Son do Camiño, o Gozo Festival, o Resurrection Fest, Portamérica, Jaleo!, o Festival de la Luz, Costa Feira e moitos outros eventos singulares que dotan de identidade á nosa terra. Máis de 800 figuras imprescindibles da música actual galega, nacional e internacional non faltarán á súa cita cos Concertos do Xacobeo neste 2026.
75
185
800
12
Festivais consolidados e emerxentes, de grande e pequeno formato, xunto a concertos de alto voltaxe e xiras únicas, forman parte cada ano dos Concertos do Xacobeo, un programa impulsado pola Axencia de Turismo de Galicia e o Xacobeo, que regresa unha edición máis coa vocación de apoiar as experiencias musicais máis especiais e agardadas que acontecen na comunidade galega.
Tom Jones, Katy Perry, Iron Maiden, Leiva, Europe, Zahara, Maroon 5, Xoel López, Garbage, Amaia, Baiuca, Carlos Ares, Franz Ferdinand, Bala, Dani Martín, Sen Senra, Nathy Peluso, Mike Towers e moitos máis artistas imprescincibles da escena internacional, nacional e galega visitarán Galicia neste 2026 da man dos Concertos do Xacobeo.
No perdas os mellores directos e neste 2026 ven vibrar a Galicia!
Concertos e festivais
Concertos e festivais
Concertos e festivais
Concertos e festivais
Concertos e festivais
List of events in Photo View
Ciclos, concertos e festivais únicos
Concertos do Xacobeo é un evento universal para achegar a todos os públicos os mellores concertos internacionais, nacionais e galegos. En Concertos do Xacobeo teñen cabida eventos de grande, mediano e pequeno formato, dos festivais máis esperados aos máis singulares ou segredos. Sons que van da música urbana ao pop, o rock, o funk, a electrónica, o reggae, a canción de autor, as músicas de raíz e moitos máis estilos reúnense ano tras ano en Galicia na órbita dos Concertos do Xacobeo: unha cita cos mellores artistas de hoxe e de sempre; un espazo aberto ás novidades máis buscadas e aos grandes clásicos; un programa de concertos rico e ecléctico, para todos os gustos e idades.
Concertos do Xacobeo chega, así, a todos os recunchos da nosa terra, cun mapa sonoro amplo, rico e diverso que abrangue todo o noso territorio, ao longo de todo o ano.
Lánzate á estrada e que a música non pare! Descubre o programa de Concertos do Xacobeo:
Galicia, un destino musical único, atractivo e de calidade
Os Concertos do Xacobeo, impulsados pola Axencia de Turismo de Galicia e o Xacobeo 2027, regresan neste 2026 cun programa amplo e plural, que apoia aos principais eventos musicais da nosa comunidade e que, un ano máis, aposta por situar a Galicia como un dos destinos referentes para os públicos coas preferencias culturais máis esixentes e diversas.
A Xunta de Galicia continúa firme na súa aposta por posicionar á comunidade galega como destino turístico de relevantes eventos musicais ao longo de todo o ano. Baixo esta premisa naceu o selo Concertos do Xacobeo en 2021-2022, como garante dunha oferta musical de primeiro nivel que fixera única á nosa terra.
A aposta renóvase ano tras ano par dar apoio a citas da categoría do Son do Camiño, o Gozo Festival, o Resurrection Fest, o Festival de la Luz ou Ortigueira, todos eles, eventos de gran talante que sitúan no mapa internacional a Galicia, convertendo a nosa comunidade na punta de lanza dos eventos musicais da Península na época estival.
Neste 2026, Turismo de Galicia sinte orgullo de apoiar, de novo, a través do selo Concertos do Xacobeo, estas citas e acollida multitudinaria que serven como motor económico, turístico e cultural de Galicia. A altísima calidade dos carteis de case dous centenares de eventos ricos e eclécticos, con demandados artistas de pegada internacional e cunha firma aposta, tamén, polo talento galego tan en auxe nos nosos tempos, contribúe a reforzar a imaxe exterior do noso singular e rico territorio.
Percorre e descobre Galicia de evento en evento! Consulta o mapa sonoro de Concertos do Xacobeo:

