A música é o camiño
Neste 2024, regresan os Concertos do Xacobeo. Un programa amplo e plural que apoia aos principais eventos musicais da nosa comunidade e que, ano tras ano, aposta por situar a Galicia como un dos destinos referentes para os públicos coas preferencias culturais máis esixentes e diversas.
Rock, pop, heavy, electrónica, jazz, funk, fusión e unha ampla gama de estilos musicais para todos os gustos encherán de sons e sensacións Galicia da primavera ao inverno de 2024, da man de citas de referencia do calendario musical como O Son do Camiño, o Gozo Festival, o Resurrection Fest, Portamérica, o Festival de la Luz e cerca dunha vintena de eventos singulares que dotan de identidade á nosa terra.
Queens of the Stone Age, Ed Sheeran, Maná, Vetusta Morla, Green Day, Pet Shop Boys, Melendi, Love of Lesbian, Deftones, Louis Tomlinson, Editors, Judas Priest, La Oreja de Van Gogh, Baiuca, Aitana, Sara Baras, Raphael, Rozalén, Juan Luis Guerra, Luz Casal, Mika, Lola índigo, Los Planetas, Crystal Fighters, Fillas de Cassandra, Veintiuno, Silvia Pérez Cruz, Xoel López, Carlos Sadness, Depedro, Andrés Suárez, Sen Senra... e máis dun centenar de figuras imprescindibles da música actual galega, nacional e internacional non faltarán á súa cita cos Concertos do Xacobeo neste 2024.
Festivais consolidados e emerxentes, de grande e pequeno formato, gratuítos ou de pago..., xunto a concertos de alto voltaxe e xiras únicas, forman parte dos Concertos do Xacobeo, un programa impulsado pola Axencia de Turismo de Galicia e o Xacobeo que regresa coa vocación de apoiar, ano tras ano, as máis singulares experiencias musicais que acontecen na comunidade galega.
No perdas os mellores directos e neste 2024 ven vibrar a Galicia!
Concertos e festivais
… e moito máis!
Consulta a axenda completa de eventos de Concertos do Xacobeo
Infórmate e contacta
Coñece máis detalles do proxecto ou comparte as túas consultas coa organización.