18 Setembro / 21:30 / Vigo (Pontevedra)
Underfest Xacobeo: Hoodoo Gurus


A banda australiana Hoodoo Gurus ofrecerá o seu único concerto en Galicia o 18 de setembro en Vigo. Será no ciclo ‘Bites’, a programación expandida do Underfest Xacobeo, unha nova cápsula musical que prolonga a experiencia do festival vigués e leva tamén concertos a outras cidades galegas.
O mítico grupo, formado en 1981 en Sidney, combina garage rock, pop e rock clásico, sendo un referente do rock alternativo dos anos 80. Con máis de catro décadas de traxectoria, teñen publicados varios discos considerados clásicos e lograron grande éxito en Australia, ademais de gañar o título de banda de culto a nivel internacional.

