Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Event Series: IKFEM

IKFEM

16 Xullo

16–19 Xullo / 18:00 / Tui (Pontevedra) e Valença (Portugal)

A décimo cuarta edición do IKFEM Festival Tui-Valença celebrarase do 16 ao 19 de xullo de 2026, consolidándose como unha das grandes citas culturais transfronteirizas da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Durante catro días, a eurocidade Tui-Valença volverá converterse nun espazo de encontro arredor da música, o patrimonio e a creación contemporánea.

O programa reunirá artistas de recoñecido prestixio e novas voces da escena galega, portuguesa e internacional. Entre as actuacións destacan os concertos de António Zambujo & Uxía, Wöyza & Emmy Curl e Borja Niso & Rosa Cedrón, aos que se suman propostas como Sheila Patricia, Julián Maeso, Elsa Roldán & David Maceira, Hal Still Echoes, Best Boy, María João Soares, Monção Brass, La Mmarca e o proxecto inclusivo CaixaSon.

A programación complétase con iniciativas como Puente Creativa & Enogastronómica e El Balcón del IKFEM, que amplían a experiencia do festival máis alá dos escenarios e reforzan a súa aposta polo diálogo entre música, gastronomía, territorio e innovación.

Co apoio dos Concertos do Xacobeo, o IKFEM reafirma o seu compromiso coa cooperación cultural entre Galicia e Portugal, ofrecendo unha programación diversa e de calidade que converte a eurocidade Tui-Valença nun referente do intercambio artístico e cultural.

Recinto