Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Event Series: Son & Mar Vigo

Son & Mar Vigo

12 Setembro

4–13 Setembro / Vigo (Pontevedra)

Son & Mar Vigo é un novo ciclo musical que converterá o peirao de Transatlánticos nun gran escenario ao aire libre entre o 4 e o 13 de setembro. A programación estrutúrase en seis xornadas temáticas, cada unha cunha identidade propia: Nacidos para Bailar (4 de setembro), dedicada á música disco; Aquellos Maravillosos 90 (5 de setembro), cun percorrido polos grandes éxitos do pop e rock dos anos 90; El Campus (10 de setembro), dirixida ao público universitario; A Movida Viguesa (12 de setembro), unha homenaxe ao movemento musical que marcou a identidade cultural da cidade nos anos 80 e que reunirá a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas (Siniestro Total), Killer Barbies e Stoned At Pompeii.

Tamén hai outras dúas citas con identidade propia como Lingua Urbana con Hard GZ (11 de setembro) e Orballo Cultural (13 de setembro), unha xornada dedicada á música de raíz galega.

No marco dos Concertos do Xacobeo, Son & Mar Vigo reunirá preto de 50 artistas nunha proposta que combina diferentes estilos musicais e públicos, convertendo o porto de Vigo nun punto de encontro entre cultura, lecer e patrimonio. O ciclo nace coa vocación de consolidarse como unha nova cita de referencia na programación musical de Galicia, cunha oferta maioritariamente gratuíta que reforza o atractivo cultural e turístico da cidade.

Detalles

Recinto