13 Setembro / 22:00 / Vigo (Pontevedra)
Orballo Cultural: Vigo


Orballo Cultural pechará a primeira edición de Son & Mar Vigo o 13 de setembro cun cartel que reúne algunhas das propostas máis representativas da escena galega actual. Budiño, De Ninghures, Ortiga e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.
Orballo Cultural é un ciclo de concertos itinerante que percorre diferentes puntos da xeografía galega cunha proposta que combina música, gastronomía, pintura e artesanía para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial de Galicia. Co apoio dos Concertos do Xacobeo, entre maio e setembro de 2026, Orballo Cultural programará en 10 localidades un total de 18 artistas galegos de estilos e xéneros variados.

