Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Event Series: Osa do Mar

Osa do Mar

6 Setembro

4–6 Setembro / 12:00 / Burela (Lugo)

A Asociación Cultural Fanto Fantini celebra o décimo aniversario do Osa do Mar, o seu festival de música sen ánimo de lucro na Mariña de Lugo, un evento que volve contar co apoio dos Concertos do Xacobeo.

Cun cartel orixinal e divertido, no que conviven diferentes estilos musicais, o festival aposta pola proximidade cos artistas, pola emoción de bailar en directo, polo pracer de gozar da gastronomía de Burela e pola experiencia compartida de conversar, brindar e abrazarse ao ritmo da música. Na programación deste 2026 destacan nomes consolidados como Depedro ou Ginebras e os galegos Fillas de Cassandra, The Rapants e Ortiga, xunto a outros emerxentes como Eris Mackenzie, Portosanto e outros que veñen soando forte nos últimos anos como Rata ou Éxtasis.

Detalles

Recinto