28–29 Agosto / 12:00 / Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Vilablues
29 Agosto


Co apoio dos Concertos do Xacobeo, o festival Vilablues celebra a súa undécima edición en Vilanova de Arousa os días 28 e 29 de agosto, consolidándose como un dos grandes referentes da música negra en Galicia.
Cun formato de entrada totalmente gratuíta, o evento encherá as rúas e prazas do municipio de ritmos soul, blues, rock e gospel. No cartel deste ano destacan nomes como Dr. Feelgood, lendas británicas do pub rock, The Cinelli Brothers, The New Orleans Gospel Choir, Rockin’ Gina and the Sentinels, Best Boy, Martha High & Julian Maeso Organ Sextet ou Ruxe Ruxe co seu rock combativo en galego.

