Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Víctor Manuel

7 Xullo, 2022 / 21:30

De balde

7 Xullo / 21:30 / Castrelo de Miño (Ourense) / De balde

O programa de Concertos do Xacobeo 21-22 na provincia de Ourense leva ao Parque Náutico de Castrelo de Miño ao cantante Víctor Manuel. O veterano artista chega a O Ribeiro coa xira do seu 75 aniversario La vida en canciones.

Víctor Manuel, un dos artistas máis recoñecidos do panorama musical español dunha época marcada por figuras como a súa e as de Ana Belén, Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat, Pablo Milanés e outros cantantes, mantén unha relación especial con Ourense. Vinculación que lle ven dos seus anos de xuventude, cando foi un dos participantes no Festival do Miño que se celebraba na cidade fai décadas. Era entón, como recordou en máis dunha ocasión, cando empezaba no mundo da música e aquelas participacións no festival galego sempre ocuparon un lugar destacado na súa memoria por marcar o inicio da súa carreira.

Detalles

Data:
7 Xullo, 2022
Hora:
21:30 – 23:30
Custe:
De balde
Categoría do Evento:

Recinto

Explanada del Parque Naútico, Castrelo de Miño
Rúa do Concello, s/n Ourense 32430 Spain + Google Map