Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Agnes Obel

7 Xullo, 2022 / 20:30

20€

7 Xullo / 20:30 / Vigo (Pontevedra) / Desde 20€

A danesa Agnes Obel, unha das artistas femininas de referencia na escena independente actual, dará o seu primeiro concerto en Galicia o día 7 xullo, nun escenario de luxo como o Auditorio Afundación de Vigo, onde recentemente o Ciclo Xacobeo Importa programou outros nomes de culto como Mercury Rev ou Tindersticks. Obel realizará catro únicas actuacións en España: serán nos prestixiosos festivais de Noches del Botánico (Madrid), o festival Jardins de Pedralbes (Barcelona), Valencia e Vigo.

Emparellada nese grupo de ilustres nórdicas como Björk ou Emiliana Torrini, a cantante, pianista e compositora danesa conquistou o corazón de público e prensa especializada co seu elegante pop de cámara no que mestura con mestría piano, voz, cordas e loops. A súa música resístese a etiquetas e transpórtanos de forma hipnótica, mentres que as súas actuacións en directo son unha experiencia fráxil e viva, como ela mesma sinala.

As súas composicións posúen un estraño e melancólico encanto que che atrapa e é capaz de transportar ao público de forma hipnótica ao seu particular universo sonoro. Pezas minimalistas, debedoras do pop e o rock tanto como do folk, ás que engade letras cando lle parece que as necesitan, cunha voz fráxil, de exquisita delicadeza e elegancia e con esa fría beleza. Obel acumula catro discos marabillosos cheos de enormes cancións e escoitalas en directo será incrible. Un deses concertos especiais, distintos, que non debes perder.

Neste 2022, e co gallo da celebración do Xacobeo 21-22, regresan os directos do Ciclo Xacobeo Importa, que afronta a súa 11ª edición cunha coidada oferta de concertos de bandas internacionais polas principais cidades galegas.

O Ciclo Xacobeo Importa naceu no 2008 co obxectivo de achegar a Galicia o talento de recoñecidas artistas internacionais, referentes nos seus respectivos estilos, nun formato especial, máis próximo ao público, e que situase a nosa comunidade dentro dun circuíto de xiras internacionais que chegan á Península alén da tempada estival.

Detalles

Data:
7 Xullo, 2022
Hora:
20:30 – 22:30
Custe:
20€
Categoría do Evento:
Ciclo:
Compra de entradas

Protagonista

Agnes Obel

Recinto

Auditorio Afundación, Vigo
Rúa do Marqués de Valladares, 10A Pontevedra 36201 Spain + Google Map