Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Underfest Xacobeo

15 Novembro
Event Series (See All)

13–15 Novembro / Vigo (Pontevedra)

O Underfest Xacobeo celebra a súa 9ª edición os días 13, 14 e 15 de novembro en Vigo, consolidándose como unha das citas do outono musical galego. O festival aposta por unha programación ampla e diversa, con artistas internacionais, nacionais e talento local.

A súa proposta caracterízase por levar a música en directo a diferentes salas e espazos da cidade, poñendo en valor os seus escenarios e apostando por formatos próximos e por propostas musicais afastadas das programacións máis convencionais. No cartel desta edición atopamos a ST Paul & The Broken Bones, Beth Orton, Ed Harcourt, Cloud Nothings, Opus Kink, entre outros.

Esta nova edición volve contar co apoio da Xunta de Galicia no marco dos Concertos do Xacobeo, contribuíndo á dinamización cultural e turística de Vigo a través da música en directo.

Recinto