6 Novembro – 13 Decembro / A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo
Noites do Porto recomenda…


O ciclo Noites do Porto Recomenda amplía o seu percorrido por Galicia e suma este outono novas citas en Santiago e Vigo, que se engaden á programación habitual do festival na Coruña.
A proposta reúne cinco concertos en salas de pequeno formato: Nacho Vegas actuará o 6 de novembro na Sala Inn Club da Coruña; Sharp Pins, co seu power pop de son lo-fi, o 15 de novembro na Sala Riquela de Santiago; Temples chegará o 16 de novembro á Sala Capitol; ELLiS·D, cunha mestura de electrónica e son contemporáneo, actuará o 5 de decembro no Mondo Club de Vigo; e EMEL, que combina electrónica de vangarda e sons do norte de África, pechará o ciclo o 13 de decembro, tamén na sala viguesa.
Unha programación, co apoio dos Concertos do Xacobeo, que aposta pola proximidade e por descubrir artistas en directo en formatos máis próximos, levando o espírito de Noites do Porto a novos espazos e cidades.

