31 Outubro / 21:30 / Santiago de Compostela (A Coruña)
Underfest Xacobeo: Maria Arnal


Underfest Xacobeo suma á súa novena edición unha das propostas máis singulares da música estatal actual coa chegada de Maria Arnal, que fará en Galicia unha única parada o 31 de outubro na Sala Capitol de Santiago.
A artista barcelonesa converteuse nunha referencia da música contemporánea grazas á súa mestura de electrónica, tradición vocal e experimentación sonora. O seu novo espectáculo, ‘AMA’, vai máis alá do concerto convencional e combina música, danza e intelixencia artificial nun directo moi visual e inmersivo, no que explora novas formas de entender a voz e a creación en vivo.
Recoñecida pola crítica e premiada en múltiples ocasións, Maria Arnal destaca tamén pola súa capacidade para unir innovación e emoción nunha proposta artística que se move entre o avant-pop, a performance e a investigación sonora.
Sen dúbida, unha das citas máis agardadas do ano e que conta co apoio dos Concertos do Xacobeo.

