2–4 Xullo / 18:30 / O Barco de Valdeorras (Ourense)
SilFest
2 Xullo


O SilFest cumpre dez anos e volve contar co apoio dos Concertos do Xacobeo para a súa celebración. Á beira do Sil, nunha contorna natural fermosa, o festival aposta por un ambiente tranquilo, próximo e para todos os públicos, onde gozar da música en directo, a gastronomía e o viño de Valdeorras, así como de actividades culturais e deportivas.
Nesta décima edición, destacan no cartel Morgan, La Paloma, Puño Dragón, Hinds, L.A., Bum Motion Club, Begut e Adrian Timms. Ademais, na programación destinada para a cativada, contan coas actuacións de Henriko e Paco Nogueiras.

