30 Maio / 21:30 / Santiago de Compostela (A Coruña)
Pulsacións Sonoras: The Soundtrack of Our Lives
30 Maio


A banda sueca The Soundtrack of Our Lives, formada nos anos 90 e coñecida polo seu son influído polo rock psicodélico e clásico, volveu reunirse en 2023 para tocar en directo. Nas súas puntuais citas co público, o 30 de maio farán parada en Santiago de Compostela.
Co apoio dos Concertos do Xacobeo, o ciclo Pulsacións Sonoras 2026 da Sala Capitol aposta por traer a Galicia figuras clave da música internacional dos anos 80 e 90 que regresan agora aos escenarios.

