31 Xaneiro / 19:00 / Ferrol (A Coruña)
Pulsacións sonoras: La La Brooks


La La Brooks actuará o vindeiro 31 de xaneiro de 2027 no Teatro Jofre de Ferrol, nunha cita imprescindible para as persoas amantes do soul, o pop clásico e o son dos grandes grupos vocais femininos.
Recoñecida por ter sido a vocalista principal dalgúns dos maiores éxitos de The Crystals, como Then He Kissed Me e Da Doo Ron Ron, La La Brooks forma parte da historia da música popular do século XX. A súa voz marcou unha etapa decisiva na evolución do pop e do soul estadounidense, converténdose nun referente da coñecida como era dos Girl Groups.
A súa actuación en Ferrol, única cita en Galicia, ofrecerá a oportunidade de gozar en directo dunha voz histórica, protagonista dalgúns dos temas máis emblemáticos dos anos 60 e dun legado musical que continúa emocionando xeracións de afeccionados.
Co apoio dos Concertos do Xacobeo, o ciclo Pulsacións Sonoras 2026 aposta por traer a Galicia figuras clásicas da música internacional que regresan agora aos escenarios.

