18 Decembro / 21:00 / A Coruña
Intermodal 2026: Macy Gray


Macy Gray, unha das voces máis recoñecibles do soul e o R&B contemporáneos, chegará á Coruña o 18 de decembro co seu espectáculo ‘The Trouble With The Truth Tour’. A artista estadounidense actuará no Teatro Colón, dentro do Ciclo Intermodal, nun concerto no que repasará algúns dos temas máis emblemáticos da súa carreira xunto con cancións dos seus traballos máis recentes.
Co apoio dos Concertos do Xacobeo, a actuación de Macy Gray incorpora unha destacada figura internacional á programación musical da Coruña e achega á cidade unha das grandes voces do soul actual.
Intermodal é unha viaxe musical coa intención de conectar cidades, estilos e públicos a través dunha programación diversa e de gran calidade. O ciclo, que reúne en Galicia destacados artistas da escena internacional, propón vivir a música sen etiquetas e sen fronteiras estilísticas.

