Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento pasou.

Emilio Rúa: Espazos Singulares

26 Xullo

12–26 Xullo / Varios espazos

Emilio Rúa percorre Galicia en xullo de 2026 coa súa Xira ao vivo: Espazos Singulares, unha proposta que levará a música de autor a algúns dos espazos patrimoniais e naturais máis emblemáticos da comunidade. O percorrido inclúe cinco concertos no Miradoiro de Santiorxo, en Sober (12 de xullo), o Castelo de Vimianzo (17 de xullo), o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín (19 de xullo), Froxán, en Folgoso do Courel (25 de xullo) e o Castelo do Bolo (26 de xullo), convertendo cada actuación nun encontro entre música, patrimonio e paisaxe.

No marco dos Concertos do Xacobeo, a xira reivindica o valor cultural e turístico do territorio galego a través dunha experiencia que fusiona a música de autor coa riqueza histórica e natural de espazos singulares. Cun formato próximo e coidado, Emilio Rúa propón un percorrido por diferentes recunchos de Galicia no que cada concerto dialoga coa contorna que o acolle, reforzando a conexión entre creación artística, patrimonio e identidade galega.

Detalles

Protagonista