Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Ou Yeah!: Loquillo, The Rapants e Kitty, Daisy & Lewis

6 Xuño

6 Xuño / Ourense

O Festival Ou Yeah! naceu en 2025 co apoio dos Concertos do Xacobeo e regresa en 2026 coa súa segunda edición, reafirmando un modelo que vai máis alá dos concertos para entender o evento como unha experiencia cultural onde conviven música, territorio e identidade.

O festival aposta por un formato expandido no tempo e no espazo que transforma a provincia de Ourense nun escenario vivo. Nesta nova edición, o público poderá asistir a tres grandes citas e a primeira é o 6 de xuño en Expourense con Loquillo, The Rapants e Kitty, Daisy & Lewis. O cartel exemplifica con claridade o diálogo entre xeracións e territorios: Loquillo, icona indiscutible do rock estatal con case cinco décadas de traxectoria, chega en plena xira do seu último traballo ‘Corazones Legendarios’, cun directo que revisita os seus grandes éxitos. O programa dese día complétase co magnetismo vintage e mestizo do trío británico Kitty, Daisy & Lewis e a enerxía desbordante de The Rapants, a banda galega do momento.

Ou Yeah! amplía a experiencia musical cunha aposta clara pola gastronomía como parte esencial do relato. En cada cita, o público poderá desfrutar de propostas culinarias deseñadas por cociñeiros ourensáns vinculados á asociación Cociña Ourense.

Detalles

  • Data: 6 Xuño
  • Categoría do Evento:

Recinto