30 Agosto / 22:00 / Monterrei (Ourense)
Orballo Cultural: Monterrei
30 Agosto


Orballo Cultural chega a Monterrei o 30 de agosto con De Vacas e a súa ‘Vacanal sinfónica’. O cuarteto galego reinterpretará grandes éxitos da música internacional cun estilo propio, marcado polo humor, a retranca e as súas coidadas harmonías vocais, nunha proposta festiva e orixinal.
Co apoio dos Concertos do Xacobeo, Orballo Cultural percorre diferentes puntos da xeografía galega cunha proposta que combina música, gastronomía, pintura e artesanía para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial de Galicia.

