Cargando Eventos

« Todos os Eventos

O Son da Estación

8 Agosto

8 Agosto / 19:00 / A Rúa (Ourense)

A música galega volverá soar con forza na comarca de Valdeorras coa celebración da nova edición de O Son da Estación, unha cita que continúa medrando dentro da programación dos Concertos do Xacobeo.

O festival terá lugar o 8 de agosto na Praza da Estación da Rúa e reafirma a súa vontade de consolidarse como unha das novas citas musicais do verán galego. Cun formato gratuíto e aberto a todos os públicos, o festival mantén a súa aposta polo talento musical galego cun cartel que reúne tres propostas de referencia da escena actual. Baiuca, un dos artistas galegos con maior proxección internacional, encabezará a programación coa súa innovadora fusión de música tradicional e electrónica. Xunto a el actuará Nadadora, histórica banda galega de pop independente e shoegaze que regresou aos escenarios en 2025 tras máis dunha década de ausencia, e Luis Fercán, un dos cantautores galegos máis destacados da súa xeración, recoñecido pola intensidade e personalidade das súas composicións. O cartel complétase con Kill Vir Dj e a banda local Navegando a Barlovento.

Detalles

  • Data: 8 Agosto
  • Categoría do Evento:

Protagonistas

Recinto