Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Xacobeo 2022 · Música Urbana

27 Agosto, 2022

28,50€

27 Agosto / 18:00 / Vigo (Pontevedra) / 28,50€

O sábado 27 de agosto, o encontro Xacobeo 2022 · Música Urbana · Puerto de Vigo reunirá a algúns dos artistas máis punteiros do xénero urbano a nivel nacional. Deste xeito, no seu cartel reflíctense nomes como os de Ayax y Prok, Quevedo, Califato ¾, Sila Lúa e Safree, que encherán de ritmo desde as 18.00h o Porto de Vigo.

Ayax y Prok son irmáns xemelgos e compoñen un dúo de artistas granadinos. Criados no barrio do Albayzín, levan escribindo rap desde fai máis dunha década. Pola súa banda, Quevedo, con apenas un ano de carreira, conseguiu posicionarse como a nova promesa urbana de fala hispana, alcanzando máis de 10MM de oíntes mensuais.

Califato ¾ xorde en 2018 nun encontro entre varios músicos sevillanos e malagueños. Como ben indica o seu nome, a banda outorga especial relevancia ao compás de ¾, o ternario básico común a moitos paus do flamenco. Mentres, Sila Lua é unha artista e produtora nada en Vigo e residente en Madrid. Recentemente chegada á cidade que a viu crecer tras cinco anos vivindo en Londres, Sila xoga inevitablemente entre dous mundos: a música urbana en español e a electrónica experimental anglosaxona. Finalmente, Safree é unha cantante e compositora alacantina de música urbana-folclórica que comezou a súa carreira en 2011 e, desde entón, logrou posicionarse a nivel internacional.

Detalles

Data:
27 Agosto, 2022
Custe:
28,50€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Recinto

Puerto Marítimo, Vigo
Avenida da Beiramar Pontevedra 36202 Spain + Google Map