Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Alejo Stivel

26 Agosto, 2022 / 23:59

De balde

26 Agosto / 00:00 / Esgos (Ourense) / De balde

O arxentino Alejo Stivel é membro fundador -xunto ao seu compatriota Ariel Rot- de Tequila, o emblemático grupo de rock español nado a finais dos 70. Anos máis tarde converteuse nun exitoso produtor de discos, traballando con algúns dos artistas máis importantes do pop e o rock español, como Joaquín Sabina, La Oreja de Van Gogh, M-Clan, La Quinta Estación ou Jarabe de Palo, entre moitos outros. Nos últimos anos, regresou aos escenarios como cantante solista.

Xunto a Tequila, alcanzou o éxito con temas como  Me vuelvo locoSalta ou Rock and Roll en la plaza del pueblo. A banda disolveuse en 1983. Tras 30 anos de plena voráxine de produción musical, teatral e publicitaria, Alejo decidiu retornara aquel querido lugar onde os focos fluorescentes devólvenlle a vida á súa música: o escenario.

En 2014 editou o seu primeiro como solista, titulado Decíamos ayer. Nel recóllese algunhas das mellores cancións do pop e o do rock hispano, recicladas coa súa particular maneira de entender a música. Así, o himno de Silvio Rodriguez Ojalá vístese de rock; Sábado a la noche, de Moris, é un country blusero; e Bienvenidos al tren, de Charly García, cambia a ecuación do seu clásico 3x4 a un 4x4, para achegar un oído diferente. Actualmente, Alejo atópase inmerso na composición do que será o seu segundo traballo discográfico como solista e xirando coas súas cancións e a súa banda en grandes concertos.

Detalles

Data:
26 Agosto, 2022
Hora:
23:59
Custe:
De balde
Categoría do Evento:

Protagonista

Alejo Stivel

Recinto

Praza da Souteira, Esgos
Ourense 32720 Spain + Google Map