Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Los Secretos

15 Xullo, 2022 / 22:30

De balde

15 Xullo / 22:30 / Monforte de Lemos (Lugo) / De balde

A incombustible banda madrileña pasa pola provincia de Lugo coa súa xira Recuperando las Emociones. Tras percorrer varias das cidades máis importantes do noso país, esgotando entradas nos principais recintos e cunha gran acollida por parte do público, Los Secretos chegan a Monforte de Lemos o 15 de xull, onde darán un concerto na Explanada da Compañía ás 22:30 con acceso totalmente libre e para todos os públicos.

A banda chega cun dos seus formatos máis queridos, o sexteto eléctrico, que contará coas guitarras de Álvaro Urquijo e Ramón Arroyo, o baixo de Juanjo Ramos, o inconfundible piano de Jesús Redondo, a incesante batería de Santi Fernández e a nova incorporación de Txetxu Altube coas súas guitarras e coros potenciando máis aínda o estilo country/rock da banda.

O grupo fará en Monforte de Lemos un percorrido polos temas máis emblemáticos como Déjame, Pero a tu lado ou La calle del olvido, así como cancións máis recentes que pretenden espertar as emocións do público asistente.

Será un concerto cheo de enerxía positiva no que, coma no resto da súa xira, buscan “reivindicar a necesidade de seguir sempre adiante, de non deixarse vencer polos obstáculos e ofrecer a nosa música como unha ferramenta realmente útil ao alcance do público”, segundo as palabras de Álvaro Urquijo.

Detalles

Data:
15 Xullo, 2022
Hora:
22:30 – 23:59
Custe:
De balde
Categoría do Evento:

Recinto

Explanada de la Compañía, Monforte de Lemos
Plaza Compañía Lugo 27400 Spain + Google Map