Skip to main content
Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Sés

23 Agosto / 22:00

23 Agosto / 22:00 / Celanova (Ourense)

O 23 de agosto chegaralle a súa quenda no ciclo a todo un referente da escena galega, Sés, que actuará no Claustro do Mosteiro de San Salvador, en Celanova.

Ou Yeah! é unha nova iniciativa arraigada no territorio, comprometida coa súa xente e deseñada para proxectar Ourense ao mundo. A súa esencia é a transformación: do local ao global, do tradicional ao contemporáneo, do escenario ao prato, do concerto ao encontro. Así, o festival, que ten como columna vertebral o rock —entendido nun sentido amplo, plural e actual—, combina música, gastronomía, identidade e impacto territorial.

A programación de Ou Yeah! está pensada para ofrecer diversidade estilística, calidade artística e representatividade territorial, combinando grandes nomes internacionais con artistas locais consolidados e emerxentes. En todos os concertos, a música irá da man das mellores propostas gastronómicas grazas a Cociña Ourense, que elaborará tapas a medida para cada evento.

No marco dos Concertos do Xacobeo, Ou Yeah! estenderase pola provincia de Ourense entre os meses de xullo e outubro de 2025.

Protagonista

Sés

Recinto

Claustro Monasterio de San Salvador, Celanova
Monasterio de San Salvador de Celanova Ourense 32800 Spain + Google Map