24–25 Abril / 19:00 / Vilalba (Lugo)
FIV Vilalba
24 Abril


O FIV de Vilalba é un dos eventos máis agardados polos amantes da música en directo en Galicia. Ano tras ano, a vila lucense énchese de “fivers” dispostos a gozar dos mellores sons indies así como de diferentes actividades durante o día e iniciativas que implican ao comercio local.
Con case 20 anos de historia, o FIV de Vilalba continúa ofrecendo unha proposta que mestura grandes nomes da música estatal con novas bandas, destacando tamén o talento galego. Neste 2026, o cartel trae artistas como Carlos Ares, LA M.O.D.A., Alcalá Norte, Ángel Stanich, Repion, Puño Dragón, Celia Becks e Futuro Alcalde.

