Skip to main content
Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento pasou.

Budiño na Eferro Foliada

13 Setembro / 12:30

13 Setembro / 12:30 / Merza, Vila de Cruces (Pontevedra)

Budiño é un dos grandes expoñentes da música galega. Músico galego de orixe e universal polo seu destino, viaxeiro convencido, creador incansable, innovador por convicción, soñador de melodías imposibles. Budiño é un artista atípico: é difícil atopar a alguén que esperte tanta admiración entre os seus. Inspírase nos pequenos sabores da música de raíz, pero sempre coa intención de crear unha música con estilo propio.

Este 13 de setembro únese ao cartel da eferro Foliada, un evento para poñer en valor a cultura e o idioma galegos a través dun programa de concertos, teatro,títeres,… nun entorno rural. Celébrase no taller de ‘eferro’ en Merza (Vila de Cruces) e na súa contorna. Haberá actividades tanto para grandes como para cativos, ao mesmo tempo que se poderá degustar rica comida, como polbo á feira, empanadas, tortillas ou carne ó caldeiro, entre outras opcións.

Detalles

Data:
13 Setembro
Hora:
12:30 – 15:00
Categoría do Evento:

Protagonista

Budiño

Recinto

Merza, Vila de Cruces
Reboredo, 1 Pontevedra 36586 Spain + Google Map