23 Agosto / 20:00 / Sanxenxo (Pontevedra)

Los Secretos
23 Agosto / 20:00

O mítico grupo de pop rock español Los Secretos actuará en Costa Feira o próximo 23 de agosto para deleitar a todos os seus fans coas súas pegadizas e melancólicas cancións. En Sanxenxo soarán, sen dúbida, himnos como Déjame, Pero a tu lado ou No te puedo olvidar, temas que xa forman parte do salón da fama da música española e non poderán faltar na cita da mítica banda cos Concertos do Xacobeo.
Este verán, co impulso dos Concertos do Xacobeo, regresa a Sanxenxo un carismático evento que reúne o mellor do pop rock español das últimas décadas, nun mes inesquecible de concertos e experiencias para toda a familia. Do 25 de xullo ao 25 de agosto, ¡benvidos ao Festival Costa Feira!