Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Orballo Cultural: A Coruña

27 Setembro

27 Setembro / 20:00 / A Coruña

Orballo Cultural chegará á Coruña o 27 de setembro no marco do ciclo Son & Mar cunha xornada que reunirá algunhas das propostas máis destacadas da música galega actual. Baiuca, Budiño, Catuxa Salom e Guilherme Zapata protagonizarán un encontro no que tradición e contemporaneidade dialogan a través de sons de raíz, electrónica, folk e novas linguaxes musicais, ofrecendo unha mostra da diversidade e vitalidade da escena galega.

Orballo Cultural é un ciclo de concertos itinerante que percorre diferentes puntos da xeografía galega cunha proposta que combina música, gastronomía, pintura e artesanía para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial de Galicia. Co apoio dos Concertos do Xacobeo, entre maio e setembro de 2026, Orballo Cultural programará en 10 localidades un total de 18 artistas galegos de estilos e xéneros variados.

Detalles

  • Data: 27 Setembro
  • Categoría do Evento:

Recinto