Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Event Series: Son & Mar A Coruña

Son & Mar A Coruña

26 Setembro

18 Setembro – 11 Outubro / 20:00 / A Coruña

Son & Mar A Coruña celebra a súa segunda edición entre o 18 de setembro e o 11 de outubro no porto da cidade, consolidándose como unha das novas citas dos Concertos do Xacobeo. Tras a boa acollida da súa estrea, o ciclo duplica a programación, pasando de seis a doce eventos distribuídos entre o 18 de setembro ao 11 de outubro.

A programación arrancará o 18 de setembro coa actuación de Gabry Ponte. Continuará o 19 de setembro con PicaPop Tardeo e o 20 de setembro coa xornada familiar Mundo Juego. A seguinte fin de semana, o 25 de setembro, será a quenda de Sacro by Mëstiza; o 26 de setembro celebrarase Romance & Perreo e o 27 de setembro, Orballo Cultural, unha cita gratuíta dedicada ao talento galego.

Xa en outubro, Equis abrirá a programación o día 2, seguido de Brétema Fest o 3 e Mestizo Runner o 4. A recta final do ciclo incluirá Bresh XXL o 9 de outubro, One Dance Tardeo o 10 e culminará o 11 de outubro coa música electrónica no Wake Up! Festival.

Co apoio da Xunta de Galicia a través dos Concertos do Xacobeo, Son & Mar A Coruña reforza o atractivo cultural e turístico da cidade, contribuíndo a consolidar o porto coruñés como un escenario de referencia para a música en directo e ampliando a oferta de ocio máis aló da tempada estival.

Detalles

Recinto