15 Novembro / 19:00 / Ferrol (A Coruña)
Pulsacións sonoras: Robert Finley


O recoñecido cantante, compositor e guitarrista estadounidense Robert Finley actuará o vindeiro 15 de novembro de 2026 no Teatro Jofre de Ferrol, nunha cita imprescindible para as persoas amantes do blues, o soul e a música de raíz estadounidense.
Considerado unha das voces máis destacadas do blues e do soul internacional, Finley construíu unha traxectoria marcada pola autenticidade, a forza interpretativa e unha fonda conexión coa tradición musical afroamericana.
Co apoio dos Concertos do Xacobeo, o ciclo Pulsacións Sonoras 2026 aposta por traer a Galicia figuras clásicas da música internacional que regresan agora aos escenarios.

