5–6 Xuño / 18:00 / Santiago de Compostela (A Coruña)
Wake up! SdC


Tras catro edicións de gran formato celebradas na Coruña, Wake Up! inicia unha nova etapa na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, consolidándose como unha referencia dentro do circuíto estatal de música electrónica.
Co apoio dos Concertos do Xacobeo, o festival ofrece algunhas das figuras máis recoñecidas da escena internacional e nacional, cun cartel encabezado por artistas de referencia como Ben Klock, Joris Voorn, Fatima Hajji, Ben Sims, Lee Ann Roberts ou Vendex, xunto a outros nomes destacados do panorama actual como Alarico, Future.666, The Lady Machine, Blasha & Allatt, Dax J ou Pawlowski.

