2 Agosto / 12:30 / Ribeira (A Coruña)
Orballo Cultural: Ribeira


Fillas de Cassandra e Catuxa Salom son as protagonistas da cita con Orballo Cultural en Ribeira. O público poderá escoitar en directo ‘Tertúlia’, o novo disco de Fillas de Cassandra, e bailar cos ritmos tribais, electrónicos e de raíz galega de Catuxa Salom.
Orballo Cultural é un ciclo de concertos itinerante que percorre diferentes puntos da xeografía galega cunha proposta que combina música, gastronomía, pintura e artesanía para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial de Galicia. Co apoio dos Concertos do Xacobeo, entre maio e setembro de 2026, Orballo Cultural programará en 10 localidades un total de 18 artistas galegos de estilos e xéneros variados.

