15 Maio / 21:00 / Vigo (Pontevedra)
- Este evento pasou.
Intermodal 2026: mariagrep & Mundo Prestigio


O 15 de maio de 2026, Mondo Club de Vigo acolle un concerto moi especial no marco do ciclo Intermodal: a actuación conxunta de mariagrep e Mundo Prestigio.
A compostelá e o grupo vigués presentan en directo o seu primeiro traballo compartido, o EP ‘Voy a pensar en ti’, un proxecto que fusiona os seus universos creativos nun son propio dentro da escena alternativa. A proposta mestura o groove do novo pop con influencias que van da canción melódica dos 70 á psicodelia suave.
Intermodal é unha viaxe musical coa intención de conectar cidades, estilos e públicos a través dunha programación diversa e de gran calidade. O ciclo, que reúne en Galicia destacados artistas da escena internacional, propón vivir a música sen etiquetas e sen fronteiras estilísticas.

