Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Event Series: Castelo Conta

Castelo Conta

29 Agosto

24–30 Agosto / Culleredo (A Coruña)

O Castelo Conta celebra a súa undécima edición do 24 ao 30 de agosto na parroquia de Castelo, en Culleredo, cunha programación que converte diferentes espazos da contorna en escenarios para a música, o humor, a cultura rural, a gastronomía e a memoria.

Entre os nomes desta edición destacan Xoel López, Antía Muíño, De Ninghures, 9Louro, Kid Mount e Ailá, xunto a propostas de artes escénicas, narración oral, gastronomía e actividades para a cativada. A programación tamén incorpora a tradicional Noite do Castelo Conta, os Vermús na Taberna, a programación infantil de Xente Miúda e diferentes actividades vinculadas ao territorio e á comunidade local.

Os Concertos do Xacobeo apoian a celebración do Castelo Conta, un festival que aposta por levar a cultura ao rural e por facer da propia parroquia parte esencial do evento, coa participación activa da veciñanza.

Detalles

Recinto