Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Event Series: Rompetiño Jump

Rompetiño Jump

4 Xullo

3–5 Xullo / 18:00 / Porto do Son (A Coruña)

O Rompetiño Jump regresa en xuño de 2026 a Porto do Son para converter a vila mariñeira nun punto de encontro entre música, deporte e cultura urbana. Nunha contorna privilexiada xunto ao mar, o festival reúne durante varias xornadas a artistas, deportistas e público arredor dunha programación diversa que combina concertos, competicións e exhibicións.

Co apoio de Concertos do Xacobeo, o Rompetiño Jump consolídase como unha das citas de referencia da cultura urbana en Galicia. Nesta décima edición o cartel inclúe nomes destacados no panorama estatal como La Zowi, Hoke, Gloosito e Sticky M.A. así como os galegos que están triunfando entre a xuventude como 9Louro e Dirty Suc, entre outros moitos.

Máis aló da súa proposta musical, o Rompetiño Jump destaca pola súa capacidade para integrar disciplinas como o skate, BMX, breakdance ou basket 3×3, creando unha experiencia que conecta a creatividade contemporánea coa participación activa da mocidade.

Recinto