Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Event Series: Noia Harp Fest

Noia Harp Fest

29 Xullo

29 Xullo – 1 Agosto / 15:00 / Noia (A Coruña)

O Noia Harp Fest celebrará a súa 13ª edición do 29 de xullo ao 1 de agosto de 2026, co apoio dos Concertos do Xacobeo e consolidándose como unha das citas imprescindibles do verán galego.

O festival, único no noroeste peninsular dedicado exclusivamente á arpa, reunirá a intérpretes de Galicia e de distintos países de Europa, África e América, combinando estilos diversos e propostas que van desde formatos íntimos ata grandes escenarios.

Ademais, o Noia Harp Fest outorga o Premio Internacional de Composición Portus Apostoli, que impulsa a creación de novas obras para arpa e orquestra. Este ano, o coruñés Teo Montero Rey obtivo o galardón coa obra ‘Alén do azul’. A creación estrearase da man da Real Filharmonía de Galicia durante o festival.

Detalles

Recinto