5–12 Xullo / 20:00 / A Coruña
Atlantic Pride


Co apoio dos Concertos do Xacobeo, chega a sétima edición do ‘Orgullo do Norte’. O Atlantic Pride encherá de enerxía electrizante os seus escenarios para festexar a súa sétima edición do 5 ao 12 de xullo de 2026.
O festival ofrecerá un cartel diverso que abrangue desde a sensibilidade íntima de Alba Reche ata a enerxía do novo pop de Julieta, pasando pola forza escénica de Ricky Merino e o estilo festivo e provocador de Kika Lorace. Destaca tamén ‘ZAHARAVE’, o espectáculo electrónico de Zahara, que combina techno e unha potente posta en escena.
O talento galego emerxente terá un papel destacado con propostas como Arde, Jonydasvie, Montedapena, Raze ou Terrae Dj’s. O cartel complétase con artistas de proxección estatal e internacional como Miriam Rodríguez e Whigfield, así como co talento drag e performativo de figuras como Choriza May, Pitita, Chloe Vittu, La Niña Delantro, Electra, Kim Miller, Saia Santa e Sasha Moon. O festival continuará anunciando novas incorporacións para completar o cartel de 2026, no que tamén destaca o novo formato Atlantic Drag.
O festival coruñés, nacido en 2019, xa se consolidou como a cita imprescindible para festexar a diversidade a través da música. Así, na edición de 2025, reuniu a preto de 45.000 persoas. Trátase dun espazo de celebración aberto, seguro e diverso, todo un referente dos ‘Orgullos’ que se celebran no comezo do verán ao longo da Península e no que teñen cabida propostas para todos os públicos, gustos e idades.

