18–19 Setembro / 17:00 / Lugo
Caudal Fest
19 Setembro


O Caudal Fest terá lugar o 18 e 19 de setembro en Lugo e, co apoio dos Concertos do Xacobeo, volverá ser “a última gran festa musical do verán” en Galicia.
O festival reúne nestes días nomes destacados do indie e pop estatal, converténdose nunha cita imprescindible para os amantes destes xéneros. Así, o cartel desta oitava edición está formado, entre outros, por Lori Meyers, Siloé, Ultraligera, Xoel López, La La Love You, Pignoise, Sanguijuelas del Guadiana, Sexy Zebras, Barry B, Leire Martínez, Ortiga, Besmaya, Anni B Sweet e Inazio.

