Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Event Series: Ouren Sound Fest

Ouren Sound Fest

22 Maio

22–24 Maio / 17:00 / San Cibrao das Viñas (Ourense)

O Ouren Sound Fest, parada obrigada para os amantes da música indie pop española cada primavera, cambia neste 2026 de localización. Os días 22, 23 e 24 de maio o festival celebrarase no campo fútbol do Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas, moi próximo á capital ourensá.

O programa presenta unha selección perfecta para gozar de artistas xa clásicos no panorama musical como Iván Ferreiro, LA M.O.D.A, Duncan Dhu ou Love of Lesbian, nunha das poucas citas que terá o grupo catalán tras anunciar o seu parón indefinido, e outros máis recentes que non paran de colleitar éxitos de público e crítica como Carlos Ares ou Alcalá Norte. Non faltan no cartel Fontán, Marlon e Niña Polaca.

Recinto