Skip to main content
Cargando Eventos

« Todos os Eventos

La Guardia + Habitación Vudú

6 Setembro / 21:30

6 Setembro / 21:30 / Xinzo de Limia (Ourense)

Xa en setembro, a Alameda do Toural, en Xinzo da Limia, será testemuña dos directos de La Guardia e Habitación Vudú.

Ou Yeah! é unha nova iniciativa arraigada no territorio, comprometida coa súa xente e deseñada para proxectar Ourense ao mundo. A súa esencia é a transformación: do local ao global, do tradicional ao contemporáneo, do escenario ao prato, do concerto ao encontro. Así, o festival, que ten como columna vertebral o rock —entendido nun sentido amplo, plural e actual—, combina música, gastronomía, identidade e impacto territorial.

A programación de Ou Yeah! está pensada para ofrecer diversidade estilística, calidade artística e representatividade territorial, combinando grandes nomes internacionais con artistas locais consolidados e emerxentes. En todos os concertos, a música irá da man das mellores propostas gastronómicas grazas a Cociña Ourense, que elaborará tapas a medida para cada evento.

No marco dos Concertos do Xacobeo, Ou Yeah! estenderase pola provincia de Ourense entre os meses de xullo e outubro de 2025.

Recinto

Alameda do Toural, Xinzo de Limia
Rúa Carmen Novoa, 22 Ourense 32630 Spain + Google Map