Skip to main content

CONCERTOS DO

XACOBEO.GAL

A música é o camiño

Neste 2024, regresan os Concertos do Xacobeo. Un programa amplo e plural que apoia aos principais eventos musicais da nosa comunidade e que, ano tras ano, aposta por situar a Galicia como un dos destinos referentes para os públicos coas preferencias culturais máis esixentes e diversas.

Rock, pop, heavy, electrónica, jazz, funk, fusión e unha ampla gama de estilos musicais para todos os gustos encherán de sons e sensacións Galicia da primavera ao inverno de 2024, da man de citas de referencia do calendario musical como O Son do Camiño, o Gozo Festival, o Resurrection Fest, Portamérica, o Festival de la Luz e cerca dunha vintena de eventos singulares que dotan de identidade á nosa terra.

Queens of the Stone Age, Ed Sheeran, Maná, Vetusta Morla, Green Day, Pet Shop Boys, Melendi, Love of Lesbian, Deftones, Louis Tomlinson, Editors, Judas Priest, La Oreja de Van Gogh, Baiuca, Aitana, Sara Baras, Raphael, Rozalén, Juan Luis Guerra, Luz Casal, Mika, Lola índigo, Los Planetas, Crystal Fighters, Fillas de Cassandra, Veintiuno, Silvia Pérez Cruz, Xoel López, Carlos Sadness, Depedro, Andrés Suárez, Sen Senra... e máis dun centenar de figuras imprescindibles da música actual galega, nacional e internacional non faltarán á súa cita cos Concertos do Xacobeo neste 2024.

Festivais consolidados e emerxentes, de grande e pequeno formato, gratuítos ou de pago..., xunto a concertos de alto voltaxe e xiras únicas, forman parte dos Concertos do Xacobeo, un programa impulsado pola Axencia de Turismo de Galicia e o Xacobeo que regresa coa vocación de apoiar, ano tras ano, as máis singulares experiencias musicais que acontecen na comunidade galega.

No perdas os mellores directos e neste 2024 ven vibrar a Galicia!

Artistas

Rozalén

Pazo da Ópera (A Coruña) | 1 de xuño

Juan Luis Guerra

Coliseum (A Coruña) | 13 de xullo

Loquillo

Sanxenxo (Pontevedra) | 1 de agosto

Sara Baras

Pazo da Ópera (A Coruña) | 23 de novembro

Raphael

Coliseum (A Coruña) | 30 de novembro

… E máis artistas por confirmar!

Festivais

6 de abril – 13 de xullo

O Gozo Fest

Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo
30 de maio – 1 de xuño

O Son do Camiño

Santiago de Compostela, A Coruña
26 – 29 de xuño

Resurrection Fest

Viveiro, Lugo
4 – 6 de xullo

Portamérica

Portas, Pontevedra
19 – 21 de xullo

Atlantic Fest

Vilagarcía de arousa, Pontevedra
26 – 27 de xullo

Morriña Festival

A Coruña
23 – 25 de agosto

Festival de la Luz

Boimorto, A Coruña
20 – 21 de setembro

Caudal Fest

Lugo

… E máis festivais por anunciar!