Skip to main content
Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Vilablues Mar de Santiago

30 Agosto

|Varios horarios (See all)

An event every day that begins at 03:00, repeating until 30 Agosto, 2025

29 – 30 Agosto / Vilanova de Arousa (Pontevedra)

O Vilablues Mar de Santiago celebrará a súa 10ª edición en Vilanova de Arousa os días 29 e 30 de agosto co apoio dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia. A cita ten como obxectivo converter a Ría de Arousa no corazón do blues atlántico, fusionando cultura, música e territorio. Enmarcado dentro da identidade do Mar de Santiago, o evento une tradición, espiritualidade e ritmo, ofertando unha experiencia única na antesala do Camiño de Santiago marítimo-fluvial.

Vilablues regresa un ano máis coa vocación de poñer en valor o patrimonio natural e humano da Ría de Arousa, transformando durante dúas xornadas a vila mariñeira en punto de encontro de tradición, arte e emoción. O festival conta con diversas localizacións espalladas por toda a vila pontevedresa: os Xardíns de Umbrío, o Parque do Cabo, a Igrexa da Pastoriza, a Praza do Parque, o Auditorio do Terrón e a área biosaudable do Terrón. Neles desenvolverase un programa multidisciplinar aberto a públicos de todas as idades, con atarcedeceres musicais, masterclasses, conferencias, concertos, exposicións, proxeccións, mercado e actividades para a infancia e a terceira idade.

O cartel artístico está confirmado por destacadas figuras do blues como Shirley Davis & The Silverbacks, The Blues Moonshiners, Los Deltonos, The Pontiaks, Adrian Costa, Mad Martin, Nico Wayne Toussaint, Víctor Fábregas, TT Syndicate, Joe Do & The Blues Preachers e Gisele Jackson.

Recinto

Plaza del parque, Vilanova de Arousa
Plaza del parque Pontevedra 36620 Spain + Google Map