23 Xullo / 22:00 / Sanxenxo (Pontevedra)
- Este evento pasou.
Verbena Xacobea: Portugal no Camiño


‘A Verbena Xacobea: Portugal no Camiño’ de La Oca Band pon en diálogo a música e a cultura de Galicia e Portugal. O espectáculo conta coa participación de destacados artistas galegos como Zé Amaro, Lucía Pérez, Pili Pampín e Pepo Suevos, xunto co Grupo Folclórico Soalleira de Dorrón e o Grupo Folclórico Os Frujeiras, de Portugal. A través da música, o baile e a tradición, ‘Portugal no Camiño’ propón un percorrido compartido polas expresións culturais de ambos os territorios.
No marco dos Concertos do Xacobeo, esta Verbena Xacobea contribúe a estreitar os vínculos culturais entre Galicia e Portugal e a poñer en valor unha tradición festiva común.

