24–25 Xullo / 18:30 / Ribadeo (Lugo)
Vendaval Fest
24 Xullo


A quinta edición do Vendaval Fest chega en 2026 para consolidarse como unha das citas clave co rock e o punk na costa norte galega. Durante dous días, Ribadeo converterase nun templo de música, cultura e sustentabilidade, cun cartel que combina talento emerxente e nomes consagrados como The Real McKenzies, Benito Kamelas ou Dakidarría.
Nun ambiente acolledor e no marco dos Concertos do Xacobeo, o Vendaval Fest ofrece música, conciencia ecolóxica e espírito festivo na Mariña Lucense.

