13 Agosto – 25 Outubro / Valdeorras (Ourense)
- Este evento pasou.
V Nove


Nace V NOVE, un novo itinerario cultural que percorrerá os nove concellos de Valdeorras entre agosto e outubro, con propostas de música, humor, cine, natureza e patrimonio.
A iniciativa propón nove citas en nove espazos singulares da comarca, desde castelos e adegas ata praias fluviais, serras, pontes de orixe romana e castros. Unha programación sen escenario único que convida a descubrir Valdeorras a través da cultura e do seu patrimonio.
No marco dos Concertos do Xacobeo, V NOVE aposta pola descentralización da actividade cultural e pola dinamización do territorio, achegando novas propostas a diferentes puntos da comarca.
Concellos participantes: Larouco, A Rúa, A Veiga, Petín, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras e Rubiá.

