13–15 Novembro / Vigo (Pontevedra)
Underfest Xacobeo


O Underfest Xacobeo celebra a súa 9ª edición os días 13, 14 e 15 de novembro en Vigo, consolidándose como unha das citas do outono musical galego. O festival aposta por unha programación ampla e diversa, con artistas internacionais, nacionais e talento local.
A súa proposta caracterízase por levar a música en directo a diferentes salas e espazos da cidade, poñendo en valor os seus escenarios e apostando por formatos próximos e por propostas musicais afastadas das programacións máis convencionais.
Esta nova edición volve contar co apoio da Xunta de Galicia no marco dos Concertos do Xacobeo, contribuíndo á dinamización cultural e turística de Vigo a través da música en directo.

