Skip to main content
Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Underfest Xacobeo

14 Novembro

|Varios horarios (See all)

An event every day that begins at 03:00, repeating until 15 Novembro, 2025

14 – 15 Novembro / Vigo (Pontevedra)

O Festival Underfest SON Estrella Galicia regresa a Vigo os días 14 e 15 de novembro de 2025, consolidándose como unha das citas máis singulares do panorama musical galego. Nacido en 2018, o festival propón unha programación variada e diferente, que combina artistas internacionais e nacionais nunha aposta decidida pola calidade e a diversidade musical.

Con concertos repartidos polos principais escenarios da cidade e por espazos singulares, así como actuacións gratuítas en puntos emblemáticos, o Underfest ofrece unha experiencia musical única, aberta a públicos diversos e afastada das propostas convencionais.

Por Underfest pasaron nomes internacionais como Peaches, Slowdive, Benjamin Clementine, Eli ‘’Paperboy’’ Reed, The Soft Moon, Telefon Tel Aviv, Gruff Rhys, Villagers, Helado Negro, Rex The Dog, etc… artistas estatais como Ana Curra, Enric Montefusco, Derbi Motoreta’s Burrito Kachimba, Australian Blonde o Pional e propostas do panorama musical galego e vigués como Sen Senra, Ortiga, Family Folks, Basanta ou High Paw.

Grazas ao apoio da Xunta de Galicia, a través dos Concertos do Xacobeo, o Underfest continúa fortalecendo a súa presenza en Vigo, consolidando un festival que reflicte o espírito innovador e urbano da cidade.

Recinto

Vigo
Vigo Pontevedra 36218 Spain + Google Map