22 Xullo / 21:00 / Santiago de Compostela (A Coruña)
Underfest Xacobeo: JET


A banda australiana JET ofrecerá o seu primeiro concerto en Galicia o 22 de xullo en Santiago de Compostela. Será no ciclo ‘Bites’ do Underfest Xacobeo, unha nova cápsula musical que prolonga a experiencia do festival vigués e leva os seus concertos a outras cidades galegas.
En 2003 triunfaron nas listas de rock de medio planeta co seu éxito ‘Are You Gonna Be My Girl’ e, desde entón, o grupo de Melbourne construíu unha carreira avalada por grandes cancións e un poderoso directo. O seu concerto no Underfest Xacobeo será unha oportunidade única de desfrutar nas distancias curtas do seu poderoso directo, con todos os grandes temas que acumularon ao longo destes máis de 20 anos.

