20 – 21 Xuño / Pantón (Lugo)

Trece Roeis Fest
20 Xuño

O mellor rock galego e estatal volve tomar Pantón da man dos Concertos do Xacobeo!
Os días 20 e 21 de xuño, o Festival Trece Roeis celebra unha nova edición cargada de ritmo, cultura e bo ambiente. Un encontro único nunha contorna natural que reúne artistas emerxentes e consolidados, con concertos, gastronomía local e actividades para todos os públicos, como presentacións literarias, catas, degustacións, obradoiros infantís e pasarrúas.
Serán dous días de música ao aire libre, conexión coa terra e espírito colectivo para celebrar en Pantón o poder da música en directo.